Elixe o coche que mellor se adapta ás túas necesidades
7 abril 2020
Como desinfectar o teu coche de Covid-19 de forma segura
14 xuño 2020

Estado de alarma: 5 consellos para evitar avarías no coche por desuso

O estado de alarma por Coronavirus provoca que moitos coches estean parados. Se non tes que desprazarte en coche nalgún dos supostos permitidos, ten en conta estas recomendacións para que o teu vehículo non sufra os efectos do confinamento.

Evitar avarías no coche é moi sinxelo!

Consellos para evitar avarías no coche durante a corentena

 Se é posible, deixa o coche aparcado nun garaxe, desta maneira non quedará exposto a condicións climatolóxicas, po ou sucidade. Se o teu coche ten que quedar na rúa tenta que sexa nun sitio concorrido, ben aparcado e o máis protexido posible.

  • Coida o interior do teu coche. Non deixes cousas de valor á vista, e trata de manter o coche o máis limpo posible, especialmente se durme na rúa.
  • Deixa o depósito de combustible polo menos á metade da súa capacidade. Cando todo isto acabe, poderás enchelo con combustible novo e funcionará como sempre.
  • Aumenta a presión dos pneumáticos. O ideal é sobreinflar os pneumáticos antes de aparcar o vehículo durante un longo período de tempo. Se o coche dorme nun garaxe, desprázao uns centímetros cada dous ou tres semanas para que o peso non recaia continuamente sobre o mesmo punto dos pneumáticos, evitando así que se deformen.
  • Revisa líquidos, filtros e aceite. Comproba que, tanto o aceite do motor, como o líquido refrixerante e de freos están no nivel correcto.

Cando volvamos á normalidade, aínda que tomases todas estas medidas, recomendámosche revisar o teu coche igualmente para asegurarte de que segue en perfecto estado e poidas conducir con tranquilidade.

Comments are closed.