Guía: Axudas para comprar un coche seminovo dirixidas a persoas con discapacidade
20 xaneiro 2021
Coches todoterreo e SUV seminovos de Cualicar
27 marzo 2021

Coñece as furgonetas de Cualicar

 

Para a túa familia ou negocio, os mellores vehículos seminovos

En Cualicar temos unha selección de furgonetas perfectas para viaxar en familia ou para dar un impulso á actividade comercial do teu negocio. Descobre as vantaxes de comprar un vehículo seminovo en Cualicar.

As furgonetas, xa sexan comerciais ou para particulares, son un tipo de vehículo ideal para empresas que necesitan transportar mercadorías ou ben para familias numerosas que requiren dun coche capaz, cun amplo número de prazas, un gran espazo interior e un maleteiro con volume suficiente.

Unha forma intelixente de adquirir un vehículo destas características é recorrer ás furgonetas de Cualicar, vehículos seminovos dispoñibles tanto para familias como para empresas.

Vehículos seminovos de Cualicar para familias

A túa familia necesita un coche seguro, amplo, eficiente e polivalente. A resposta pasa por unha furgoneta Cualicar, un vehículo seminovo que reúne todas estas características e as vantaxes dun modelo garantido por Cualicar.

Caddy é a opción ideal, unha furgoneta polivalente que está dispoñible tanto na versión diésel como na GNC (con etiqueta ECO) e varias configuracións de asentos que se adaptan a case calquera tipo de familia.

Todas as furgonetas Caddy son totalmente persoalizables e, se buscas un extra de estilo, practicidade e deseño, podes optar pola Peugeot Rifter.

A furgoneta que necesita o teu negocio

As furgonetas seminovas de Cualicar son perfectas para dar un impulso ao teu negocio. Desde a súa compra financiada de maneira flexible, ata as características do vehículo, as nosas furgonetas adáptanse ás túas necesidades e as dos teus clientes, xa sexas autónomo ou empresa.

Iveco Daily L2 H2: deseñado para o transporte de mercadorías, con ata 3.130 metros de lonxitude e 10.8 metros cúbicos de capacidade de carga.

Renault Kangoo: ideal para o transporte de pasaxeiros e de mercadorías. Dispoñible en dúas versións (pequena e maxi) con espazo para 2 pasaxeiras/os e 3 ou 4 metros cúbicos de capacidade de carga, dependendo da versión que sexa.

Volkswagen transporter: admite 3 persoas pasaxeiras que viaxarán cómodas nun vehículo dotado de todo tipo de accesorios e elementos a bordo.

Atopa a túa furgoneta ideal no noso Buscador de Vehículos Seminovos. Esta eficiente ferramenta permíteche escoller un tipo de vehículo, neste caso ‘Familiar’ ou ‘Comercial’; seleccionar o modelo e filtrar por provincia, prezo, quilometraxe, transmisión, número de portas ou número de prazas.

Atopa o que estás a buscar en Cualicar, coa garantía dun completo catálogo de vehículos seminovos que certifica unha compra segura para a túa familia ou o teu negocio. Descobre todas as súas vantaxes.

 

 

Comments are closed.