Servizos


Adaptámonos ás túas necesidades

En Cualicar obtés moito máis que un vehículo. Queremos ofrecerche as mellores solucións de mobilidade e por iso temos para ti e para o teu automóbil o mellor do mellor, sempre. Porque o teu coche merécese os mellores coidados e ti, o mellor servizo. E ese é o noso obxectivo, ofrecerche sempre que nos necesites calidade, transparencia e proximidade.

Queres coñecelos en detalle?


Cualicar Check

Revisión certificada de vehículos seminovos.

Se estás a pensar en vender o teu vehículo ou en mercar un seminovo, o servizo Cualicar Check ofréceche a tranquilidade de saber, da man dos mellores profesionais, en que condicións se atopa o teu vehículo.

Cualicar Check aporta valor ao teu coche seminovo ao proporcionar unha valoración técnica sobre o estado do vehículo tras un completo recoñecemento a cargo de quen mellor o coñece, o noso persoal técnico especialista.

Un servizo de primeira para garantir a máxima confianza entre vendedores e compradores de vehículos de seminovos. Ven a falar con nós e contarémosche como podes beneficiarte.

Pide cita

Garantía

Moito máis que un compromiso. Contigo dende o primeiro quilómetro.

Conducir un seminovo de Cualicar é contar coa maior seguridade para ti e para o teu automóbil, para que nunca quedes na cuneta.

Respira tranquilidade porque dende o primeiro día dispós da mellor garantía, ata 1 ano e con posibilidade de ampliación, baseada na confianza que temos na calidade dos nosos vehículos e o noso servizo post venda.

Con Cualicar atoparás solucións adecuadas ao nivel das túas necesidades.

Infórmate de todas as vantaxes!

Financiamento

A solución de financiamento que máis se adapta a ti.

Seguro que aínda tardas un intre en elixir o modelo, a cor, os extras... pero polo financiamento do teu novo coche non terás que preocuparte. Sexa cal for a túa necesidade, axudámosche a que elixas o mellor plan.

Ofrecémosche varias formas de financiamento para que optes pola que máis che conveña. As posibilidades son moitas, tanto en importe como en prazos, para que ti só te dediques a gozar do teu vehículo.

Xa o tes claro?

Solicita máis información.