Que é Cualicar


Cualicar é a oportunidade que estabas a esperar

Atopa o coche que tes na cabeza por menos do que imaxinas.

Poñemos ao teu alcance o vehículo que estás a buscar, ao mellor prezo e coas mellores condicións, porque todos os nosos vehículos están certificados e garantidos. Ademais, poderás beneficiarte de todos os servizos que che ofrecemos.

Adaptámonos a todos os gustos e orzamentos, entre a nosa oferta de vehículos atoparás modelos de todas as marcas de 0 a 3 anos de antigüidade e de 0 a 50.000 km, a maioría.

Entra no noso buscador e atopa o teu.


Un modelo orientado ás persoas

Pertencemos a COGAMI Empresarial, centros especiais de emprego de iniciativa social que xurdimos tendo como eixo fundamental ás persoas que compoñen os nosos cadros de persoal, aportando solucións a través da creación de emprego dado que é un factor esencial para a inclusión social das persoas con discapacidade.

Formamos un gran equipo no cal un 90% das persoas traballadoras temos algún tipo de discapacidade e compartimos un obxectivo que nos inspira: xerar valor social e económico.

Apostamos decididamente pola promoción do emprego das persoas con discapacidade, que en Galicia superan as 231.900, así como por un mercado de traballo inclusivo que aborde o emprego como unha oportunidade para todas as persoas.